Saturday 18 de May de 2024

Máis de 200 corredores participaron na XXII Carreira Popular de Carral


A pesar da intensa choiva, moitos corredores non quixeron perderse esta tradicional proba

A A.X. Mil e Pico, coa colaboración do Concello de Carral, o club de patinaxe Alquimia, a asociación Castelo Deporte e a tenda especializada Marathon Running Shop, organizou este domingo a vixésimo segunda edición desta clásica Carreira.

As primeiras edicións desta clásica proba deportiva datan de principios dos anos 80, e desde sempre, esta carreira destacou pola súa dureza e beleza. Nesta edición os corredores dividíronse en 8 categorías segundo as súas idades. Así, ás 11.00 h, os máis pequenos (pitufos e prebenjamines) disputaron unha distancia de 90 metros; quince minutos despois foi a quenda dos benjamines e alevíns cunha distancia de 900 metros; os infantís e cadetes correron ás 11.30 h algo máis de 1.700 metros; e finalmente, ás 12.00 h comezou a carreira absoluta, cunha distancia de 8.500 m, na que xuvenís, senior e veteranos competían xuntos. O percorrido desta última proba discorreu entre estradas dos concellos de Carral e de Culleredo, transitando os lugares de Carral, a Brexa, Folgueira-Castelo, Cabrois e Paleo.

Todas estas probas non se poderían levar a cabo sen colaborárona os voluntarios das agrupacións de Protección Civil de Carral e Culleredo, da asociación Castelo Deporte e do club de patinaxe Alquimia de Carral ademais da propia asociación Mil e Pico.